Viveiro estrea a súa pista de Skatepark

AMariñaXa
As obras tiveron un orzamento de 131.000 euros e o proxecto inicial foi readaptado para habilitar un espazo máis seguro
pista-de-Skateparkviveiro
2 Ago 2024

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informa de que a nova pista de Skatepark na zona de Lodeiro xa está operativa. As obras tiveron un orzamento de 131.000 euros e o proxecto inicial foi readaptado para habilitar un espazo máis seguro e apto para esta modalidade deportiva.

A construción desta pista permite á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables. “Con este Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

0.18187212944031