Viveiro escolle os vídeos gañadores do desfile virtual de Entroido
O Concello de Viveiro anunciou os gañadores e gañadoras do I Desfile Dixital de Entroido. Unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio adaptándose ás limitacións polo contexto sanitario.
O concurso consistía en enviar unha peza audiovisual na que os participantes mostrasen os seus disfraces. Así, en infantil Individual gañaron Eva Gloria García, Mónica Martínez Ríos e Laura Vázquez Díaz e en parella Blanca e Álvaro Insua Prieto, Martina e Tiago Blanco Fernández e Tania González Lage.
Tamén, para grupos de infantil os premios foron para El Mágico Cuento, Silvia Díaz Fernández e Uxía Quintela Díaz.
Entre os adultos, en individual gañaron Isabel Peña Navarro, Israel Torre García e Kiko Toriza Pérez; mentres que en parella foron Jezabel Riveiro Ferro, Lara Timiraos González e Manuel Insua Díaz. Finalmente, en grupo os premios foron para Aspanae Centro de Día, Domus VI e Sara Navarrete Fernández.
O premio de lonxevidade recaeu en Domus Vi, mentres que Colludos Asociación Sociocultural foi escollido para o premio inclusión.
Por último, nos dous premios outorgados pola veciñanza, quen puido votar na páxina web do concurso, o galardón a máis orixinal foi para Os Ratiños Confinados; mentres que o premio ao humor levouno Antonio Pérez Fra.
Pódense ver os vídeos do concurso na web https://viveiroentroido.com/