Viveiro en Festas celebra a súa II Cea-Baile de Nadal para recadar fondos para o San Roque

A Comisión de Festas do San Roque de Viveiro, coñecida como Viveiro en Festas, organiza a segunda edición da súa Cea-Baile de Nadal, unha cita xa consolidada que mestura gastronomía, música e solidariedade. O encontro terá lugar o venres 19 de decembro no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico, cunha programación pensada para garantir unha noite inesquecible.
O acceso ao recinto abrirase ás 21:30 horas e a cea comezará ás 22:00. O menú, cun prezo de 69 euros por persoa, inclúe un donativo destinado á organización das tradicionais Festas de San Roque. Os asistentes poderán gozar dun petisco de benvida, langostinos ao forno, filloa rechea de marisco, meixelas de porco ao mencía e milfollas con xeado, acompañados por viños con D.O. Rías Baixas e D.O. Ribeira Sacra, ademais de café, infusións e licores.
Tras a cea, a festa prolongarase cunha barra libre (bebidas non premium) e sesión musical a cargo dun DJ, que animará a noite ata as 03:30 horas.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a reserva canto antes no correo comisionviveiroenfestas@gmail.com