Viveiro e Ribadeo contarán este verán con campamentos para a mocidade
AMariñaXa
A Xunta abre o prazo para solicitar os campamentos e campos de voluntariado deste verán 2024.
23 Apr 2024
A Xunta abre o prazo para solicitar os campamentos e campos de voluntariado deste verán 2024. Ata o vindeiro 30 de abril, as familias poderán solicitar praza nunha das instalacións ofertadas pola Xunta de Galicia para este ano.
No caso da Mariña, ponse en marcha un campamento no albergue Xuvenil Area de Viveiro e outro en A Devesa, en Ribadeo, onde se impulsa un novo programa de ocio alternativo, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos A campaña de verán do Goberno galego contará con máis de 11.500 prazas, 300 máis que o pasado ano, batendo así con todos os récords.