Viveiro e Ribadeo comezarán a vindeira semana cun punto de test de antíxenos
O Concello de Viveiro e o de Ribadeo comezarán a próxima semana unha campaña de test de antíxenos. Deste modo, o Sergas, en colaboración cos concellos, habilitará un punto para realizar un test de antíxenos gratuitamente a todas aquelas persoas que o desexen e que sexan asintomáticas.
O cribado realizarase na Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro tres días á semana durante todo o mes de xaneiro. Concretamente, realizaranse os martes, os xoves e os sábados, e para o Concello de Ribadeo será no pavillón polideportivo os luns, mércores e venres. Ambos será en horario de 10.00 e a14.00, comezando o vindeiro luns 10 de xaneiro.
Con esta iniciativa, preténdese localizar posibles persoas contaxiadas, dado o alto número de casos de persoas asintomáticas actualmente.