Viveiro e O Vicedo seguen sumando positivos en covid

TerraChaXa | AMariñaXa
A covid-19 segue instalada na provincia de Lugo sumando casos activos.
13669647_1353004211379907_6983427990933063192_n
17 Xan 2021

A covid-19 segue instalada na provincia de Lugo sumando casos activos. Este domingo son 1.098, 67 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 39). Rexistráronse neste tempo 88 contaxios novos (onte foron 84) mentres que as altas chegaron ás 7.009, 41 máis que o sábado (o día anterior foron 50). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.264 casos rexistrados e 151 persoas falecidas.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir. A UCI do Hula acolle 6 pacientes, dous máis que onte, e rexistráronse dúas hospitalizacións máis nas zonas de planta, todas no Hula, que ten 19 pacientes. Ademais hai 13 no Hospital da Mariña (un menos) e 5 no de Monforte.

COMARCA

Na comarca mariñá a situación empeora no occidente. Viveiro segue en imparable crecemento con 265 casos. 16 máis que onte. Xove volve baixar, aínda que só un caso e segue en 111. A situación no Vicedo peligra xa con 20 casos, tres máis que onte, unha porcentaxe moi alta para o seu volume de poboación. Cervo está estable cunha preocupante cifra, 21 casos novos na última quincena.

Burela sobe lixeiramente con dous máis, que fan un total de 51 e Ribadeo mantense en 19 positivos.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e só Lourenzá se mantén sen casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia a situación mellora a situación na Pastoriza pero empeora en Vilalba. No sur, o gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada tamén sobe ao igual que Lugo.

0.14524006843567