Viveiro é o único concello galego que forma parte do proxecto ‘Spain Culinary Villages’

AMariñaXa
O obxectivo é impulsar o seu turismo gastronómico e sostible
VIVEIRO-29-OUT-Culinary-Villages
30 Out 2024

Viveiro está entre os concellos implicados no proxecto ‘Spain Culinary Villages’. O Ministerio de Industria e Turismo notificoulles a aprobación dunha achega de 581.000 euros para a posta en marcha da iniciativa.

O proxecto, que contará con fondos europeos, inclúe a varios municipios de España pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de impulsar o seu turismo gastronómico e sostible. No caso de Viveiro, as xestións para formar parte da rede realizounas a alcaldesa, María Loureiro.

Os concellos que forman parte da rede son Ezcaray (A Rioxa), Alcalá del Valle (Andalucía), Viveiro, Moratalla (Murcia) e Parrés (Asturias).“A nosa gastronomía é un dos moitos atractivos da nosa vila, cunha ampla oferta culinaria de gran calidade. Pertencer a esta rede consolida a nosa posición como destino gastronómico a nivel internacional”, sinala María Loureiro. O proxecto ‘Spain Culinary Villages’ desenvolverá diferentes actividades e iniciativas nos concellos da rede para promocionar a súa gastronomía.

0.19143605232239