Viveiro destina 134.000 euros para mudar o pavimento do pavillón deportivo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 sep 2019

O Concello de Viveiro celebrou unha mesa de contratación na que se propuxo a adxudicación para a execución das obras contempladas no proxecto para a sustitución do pavimento deportivo no pavillón municipal de Viveiro, que ten un orzamento de contrata de 134.000,00 euros. Inicialmente, estaba previsto realizar a proposta de adxudicación en agosto; este proceso ralentizouse pola necesidade de informes previos atendendo ás baixas económicas presentadas polas empresas licitadoras.

O proxecto referido xorde ante a necesidade de reposición do pavimento deportivo do polideportivo municipal, que dada a súa antigüidade, tras máis de 20 anos de uso, se atopa estado deficiente. 

A actual pista de xogo serve para a práctica de fútbol sala, balonmán e baloncesto; ademais, nela tamén se practican de forma ocasional outros deportes que non requiren marcaxe como, por exemplo, ximnasia rítmica.

A actuación prevista inclúe as seguintes actuacións: retirada do pavimento existente, preparación da soleira base segundo as necesidades do mesmo, incluída a limpeza e o aspirado, subministro e colocación do pavimento deportivo de madeira de haya maciza, marcado de pista deportiva de fútbol sala/balonmano, marcado de pista deportiva de baloncesto, marcado de pista deportiva de voleibol e pintado perimetral e colocación da imaxe corporativa do Concello de Viveiro.

Esta obra, que se inclúe no Plan Único 2019, foi adxudicada por un importe total de 100.500,00 euros; dos que 81.914,30 euros son asumidos pola Deputación Provincial de Lugo e os 18.585,70 euros restantes son abonados polo Concello.

0.19403195381165