Viveiro despide o Naseiro cun moi bo sabor de boca

AMariñaXa
Dende o Concello destacan a dedicación e compromiso da comisión organizadora, liderada por Lara Fernández Fernández-Noriega e Pelayo Fernández de la Calle
viveiro-naseiro
3 sep 2024

O Concello de Viveiro expresa súa satisfacción polo éxito da Romaría do Naseiro, destacando a dedicación e compromiso da comisión organizadora, liderada por Lara Fernández Fernández-Noriega e Pelayo Fernández de la Calle. A alcaldesa, María Loureiro, resaltou que a comisión logrou, en tan só mes e medio, obter todos os permisos e autorizacións necesarios de Augas de Galicia e outras administracións, ademais da licenza municipal para a celebración do evento.

"Quero agradecer especialmente a implicación da comisión, que sacrificou moitas horas da súa vida persoal para asegurar que a romaría se puidese celebrar, xa que a tramitación dos permisos é particularmente complicada debido á localización e especificidade do evento", declarou a alcaldesa Loureiro. Tamén subliñou a vontade de colaboración da anterior comisión organizadora, cuxa contribución foi clave no proceso.

A rexedora destacou a axuda e colaboración do Concello na organización da romaría e manifestou o seu desexo de que a actual comisión continúe o seu labor o próximo ano, contando ademais coa participación de máis veciños e veciñas. O Concello tamén quixo agradecer o bo comportamento da maioría dos asistentes á festa, sinalando que algúns dos cambios introducidos pola nova comisión, liderada por Lara e Pelayo, foron beneficiosos para a organización do evento, contribuíndo ao seu éxito.

0.19549989700317