Viveiro desenvolve unhas clases de reforzo educativo en Covas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro, Victoria Baaamonde Gómez, informou sobre que xa dende mediados de xullo e ata mediados de setembro, o Centro Sociocultural da parroquia de Covas está a acoller un obradoiro de apoio e reforzo educativo, destinado a menores cuxas familias participan no Programa de Educación Familiar do Concello de Viveiro, ademais daqueles con dificultades específicas na aprendizaxe e en habilidades sociais que o requiran.
11 sep 2019

Organizado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Viveiro, conta cunha duración total de 60 horas distribuídas en 20 sesións (2 sesións semanais de 3 horas de duración). Neste taller, cun total de 14 nenos e nenas participantes, non só se traballan contidos académicos, senón tamén habilidades interpersoais que lles permitan relacionarse entre eles e coa sociedade de maneira respectuosa. Todo isto trabállase a través de diferentes dinámicas e actividades nas que se promove a cooperación, a asertividade, o recoñecemento e xestión tanto das propias emocións como das alleas, etc. 

Os técnicos responsables da actividade son: a Educadora Familiar do Concello de Viveiro e unha Psicóloga-Psicopedagoga especialista en Disciplina Positiva. Ambas traballan dende un enfoque sistémico, tendo en conta non só as dificultades e potencialidades dos rapaces e rapazas senón tamén das familias na súa totalidade. 

Atópase financiado pola subvención a corporacións locais para emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión; de acordo coa convocatoria para os anos 2018 e 2019, cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020.

0.1962468624115