Viveiro dará a coñecer as festas de interese turístico no salón Turexpo Galicia

AMariñaXa
O Concello de Viveiro contará cun stand propio no Salón Turístico de Galicia, TUREXPO Galicia, que se celebra en Silleda do 30 de maio ao 2 de xuño
turismo-viveiro-stand
O Concello de Viveiro contará cun stand propio no Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia
22 Maio 2024

O Concello de Viveiro contará cun stand propio no Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, que se celebra en Silleda do 30 de maio ao 2 de xuño. Esta feira turística organízase anualmente, posicionándose como a feira turística de referencia a nivel galego e aumentando a súa notoriedade a nivel nacional e internacional.

A vila estará presente na sección de FESTUR, a feira reservada ás festas declaradas de interese turístico. Viveiro contará nesta área cun stand propio, no que se porán en valor as catro festas que se celebran na vila e que están declaradas de interese turístico: a Semana Santa, festa de interese turístico internacional, a Romaría de Naseiro, a Rapa das Bestas e a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, as tres declaradas de interese turístico de Galicia.

“Esta feira é unha oportunidade para mostrar aos profesionais do turismo os atractivos da nosa vila. Estas catro festas de interese turístico posicionan a Viveiro como un referente de turismo de calidade, atraendo turistas para gozar da nosa gastronomía, patrimonio e natureza”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

TUREXPO Galicia enmárcase dentro da Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia, vinculada ao sector primario, ao medio rural e ao turismo. Na xornada inaugural estarán presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e Jesús Fernández, segundo tenente de alcaldesa.

0.13730907440186