Viveiro convoca o VII Concurso de fotografía Traballos e Mulleres

AMariñaXa
Viveiro convoca o VII Concurso de fotografía Traballos e Mulleres o cal se diríxese a fotógrafos aficionados
concurso fotografia muller traballadora viveiro 2022 1
6 Feb 2022

Viveiro convoca o VII Concurso de fotografía Traballos e Mulleres o cal se diríxese a fotógrafos aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.

O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da sociedade.

Cada participante poderá participar cunha soa obra e o prazo de recepción de orixinais no CIM finalizará o 1 de marzo de 2022.

Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.

O publico outorgará este premio especial en virtude dos votos emitidos no perfil de Facebook Programación Cultural do Concello de Viveiro entre o 8 e o 13 de marzo, no que se amosarán todas as fotografías participantes.

Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na web tamén se atopan as bases deste certame.

 VII CONCURSO DE DEBUXO ESCOLAR MAMÁ TRABALLADORA

Así mesmo, convoca o concurso de debuxo escolar máma traballadora no que poderán participar todos e todas os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos diferentes centros escolares do Concello.

Cada centro escolar fará unha preselección de debuxos, elixindo cinco propostas para cada unha das categorías e establécese que cada gañador de cada unha das categorías leve un diploma e lote de material escolar.

Con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo, o Concello de Viveiro montará unha Exposición cos debuxos presentados e, no momento da clausura de dita Exposición, darase a coñecer o debuxo gañador en cada categoría.

0.15885210037231