Viveiro continúa a informar sobre o uso do contedor marrón

AMariñaXa
Viveiro continúa coa campaña Ti tes a chave, que ten como obxectivo informar á veciñanza e ao tecido empresarial do municipio sobre o uso dos novos colectores marróns
colector_marron_viveiro
Colector marrón
15 Maio 2024

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro continúa coa campaña Ti tes a chave, que ten como obxectivo informar á veciñanza e ao tecido empresarial do municipio sobre o uso dos novos colectores marróns de residuos orgánicos. Este xoves, volverá haber un posto de información en Covas, localizado á altura do supermercado Masymas, en horario de 10.30 a 13.30.

Nos meses seguintes será instalado en diferentes localizacións de todo o municipio, sempre co mesmo horario, como se anuncia nas redes sociais do Concello. Os colectores marróns, dedicados exclusivamente á recollida de residuos orgánicos, xa están instalados nas rúas do concello. Estes novos depósitos teñen a particularidade de estar pechados, coa finalidade de garantir a correcta separación de residuos de xeito paralelo á concienciación da veciñanza.

As chaves necesarias para facer uso deste contedor serán entregadas no posto de información xunto cun caldeiro de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo sobre o bo uso do colector. Os residuos que deben ir no colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, conchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusións, papel de cocina, restos de plantas, cortizas e, en definitiva, calquera resto orgánico. Pola contra, os residuos que nunca se deben depositar neste contedor son os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e calquera outro tipo de residuos non orgánicos.

0.1843957901001