Viveiro contará con obradoiros gratuítos para nenos durante a Semana Santa
AMariñaXa
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos.
29 Mar 2022
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.
O primeiro obradoiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 1 2 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica.
Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654 208 333.