Viveiro conta cunha nova comisión para as festas patronais de San Roque

AMariñaXa
Que se celebrarán no Concello os días 14, 15 e 16 de agosto do ano 2025
Foto-comisión-viveiro
3 Nov 2024

Viveiro contará cunha nova comisión que organice a próxima edición das festas patronais de San Roque, que se celebrarán no Concello os días 14, 15 e 16 de agosto do ano 2025.

Esta nova asociación está conformada por Juan Manuel Sánchez, Raquel Trasancos, Cristina Parapar, Pablo Seixo, Gerardo Veiga e Hugo Ron. Esta iniciativa nace co obxectivo de “revitalizar as festas de San Roque e conseguir impregnar un sentimento de pertenza na xente de Viveiro cara as festas que neste momento non existe” indican desde a comisión.

“A nosa idea é a de organizar unhas festas con cabida para todas as franxas de idade e todos os gustos, co fin de que a xente poida gozar dá vila nunha das datas máis sinaladas do ano” continúan. Desde a asociación indican que a primeira acción que van a organizar para recadar fondos é a celebración dunha cea de nadal, da que darán información na súa páxina de Facebook e Instagram (@viveiroenfestas) durante os próximos días.

Un pouco máis adiante, a comisión realizará un acto aberto a todo o mundo, para que calquera persoa que queira colaborar, dunha forma ou outra, poida facelo. Por último, desde a organización queren animar a todos os veciños de Viveiro a ser partícipes deste proxecto, que ten como fin o de enxalzar as festas patronais e que cada veciño e cada veciña as considere como súas.

0.19379687309265