Viveiro conta con dúas novas furgonetas para a brigada de obras do municipio

AMariñaXa
A adquisición destas furgonetas foi subvencionada co Fondo de Compensación Ambiental
Furgonetas-Viveiro
17 Xul 2024

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas furgonetas para a brigada de obras do municipio.

A adquisición destas furgonetas foi subvencionada co Fondo de Compensación Ambiental e as furgonetas cero emisións supoñen un novo paso na transición cara ó uso de vehículos.

A tenenta de alcaldesa de Viveiro e responsable da Área de Obras municipal, Miriam Bermúdez, encadra esta compra na necesidade de renovar a frota da brigada de obras, que xa estaba moi antiga.

0.1781210899353