Viveiro conmemora o Día do Alzheimer

AMariñaXa
O Concello de Viveiro súmase aos actos con motivo do Día do Alzheimer, que se conmemora hoxe, mércores 21 de setembro.
CELEBRACION DIA ALZHEIMER VIVEIRO
21 Sep 2022

O Concello de Viveiro súmase aos actos con motivo do Día do Alzheimer, que se conmemora hoxe, mércores 21 de setembro. Para reivindicar esta data, a porta de Carlos V iluminarase de cor verde esta noite.

Durante toda a xornada de hoxe, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFA) instalou unha mesa informativa sobre esta doenza na Praza Maior. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acompañada da concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, visitaron aos membros da asociación.

“Estas iniciativas de sensibilización son fundamentais para informar sobre a doenza e involucrar á cidadanía nos reclamos por unha maior investigación. Como cada ano, dende o Concello mostramos o noso apoio aos que a sofren e ás súas familias”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Ademais, recentemente o Concello de Viveiro asinou un convenio de subvención nominativa coa citada asociación. Deste modo, o goberno local subvencionará con 15.000 euros os gastos das actividades da entidade.

“Mantemos dende hai anos unha estreita colaboración con esta asociación, polo que coñecemos de primeira man o gran labor que realizan e a súa importancia para ás persoas afectadas por esta doenza”, finaliza a rexedora. 

0.16436696052551