Viveiro celebrou o pregón das súas festas patronais a cargo do escritor Ramón Pernas

AMariñaXa
Viveiro celebrou este mediodía o acto de lectura do pregón das súas festas patronais, neste caso a cargo do escritor Ramón Pernas
Festas patronais Viveiro 2022 (1)
14 Ago 2022

Por primeira vez houbo un pregoeiro, que foi o escritor Ramón Pernas.

O Concello de Viveiro celebrou este mediodía o acto de lectura do pregón das súas festas patronais, neste caso a cargo do escritor Ramón Pernas.

Despois de dous veráns de limitacións pola pandemia, este mes de agosto Viveiro recupera o pulso habitual das festas, que da man da programación serán un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á vila.

“Desde o concello quixemos ademais retomar este ano a tradición do pregón das festas patronais, e para iso pensamos que a persoa idónea era Ramón Pernas, ao que lle agradezo en nome de toda a corporación municipal que aceptase o convite e esté hoxe aquí con todos e todas nós”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Festas patronais Viveiro 2022 (44)
0.19781589508057