Viveiro celebra o talento local coa primeira edición do Cultur Fest

AMariñaXa
Un evento que contará coa participación de alumnado do Conservatorio Profesional de Música
cultur-fest-viveiro
9 Jul 2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, organiza este venres 11 de xullo ás 20.00 horas na Conservera unha nova cita cultural pensada para poñer en valor o talento musical da mocidade da vila. Trátase do Cultur Fest, un evento que contará coa participación de catro grupos formados por alumnado do propio conservatorio.

O público poderá desfrutar de propostas musicais diversas, que van dende o pop ao rock clásico e ao heavy metal máis suave. Os grupos participantes serán Los jueves, que ofrecerán versións de pop español de bandas míticas como Tequila ou Los Ronaldos; Spiking Toxos, cun repertorio centrado no rock clásico; Nervio, cun estilo que combina rock e heavy metal suave; e Golpe de Efecto, formación de pop que interpretará tanto versións como temas propios.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou a importancia deste tipo de iniciativas: "O Cultur Fest é unha mostra do talento musical dos máis novos e do labor que realiza o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ademais dunha oportunidade para gozar coa música ao vivo e apoiar aos futuros artistas da nosa contorna".

 

⚙ Configurar cookies
0.27782487869263