Viveiro celebra o seu Día da Xuventude

AMariñaXa
A festa comezará ás 16.00 e prolongarase ata ás 21.00 e incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20.30 nos propios xardíns de Noriega Varela
casa-do-concello-de-viveiro
Casa do Concello de Viveiro
23 May 2024

O Concello de Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o seu Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela. A festa comezará ás 16.00 e prolongarase ata ás 21.00 e incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20.30 nos propios xardíns de Noriega Varela.

O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego. O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio a participar desta festa, “coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma”.

A programación que ofrece a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro desta iniciativa é diversa e inclúe obradoiros de gastronomía saudable; habilidades para facilitar a inserción laboral; sensibilización medioambiental; igualdade de xénero e arte urbana. Tamén hai alternativas de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box. Cada xornada finaliza cunha actuación dun artista local mozo.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1853141784668