Viveiro celebra o Día da Biblioteca cun agasallo para os nenos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro celebra este sábado, día 24, o Día das Bibliotecas obsequiando de forma gratuíta e ata esgotar existencias cun agasallo a aquelas persoas que collan nesa xornada en préstamo un libro infantil ou xuvenil.
84548302_1070484269984620_8145650607827451904_n
21 Out 2020

A Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro celebra este sábado, día 24, o Día das Bibliotecas obsequiando de forma gratuíta e ata esgotar existencias cun agasallo a aquelas persoas que collan nesa xornada en préstamo un libro infantil ou xuvenil. 

En concreto, será unha mochila de tea que leva impresa a mascota da biblioteca, ‘Sócrates’, deseñada por Lucia Martínez Bermúdez. Só se dará unha por persoa.

“Desde o concello seguiremos traballando para seguir mellorando e poñendo en valor este espazo cultural que é vital e transformador. Vivan as bibliotecas e especialmente a nosa”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

0.14889001846313