Viveiro celebra a Comida do Maior para promover a convivencia veciñal

AMariñaXa
O evento terá lugar o sábado 18 de abril no Val do Naseiro cun menú tradicional e actividades festivas
casa-do-concello-de-viveiro
25 Mar 2026

O Concello de Viveiro organiza, a través do Goberno de Mariña Gueimunde, a tradicional Comida do Maior, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de abril no Val do Naseiro. Trátase dunha xornada pensada para compartir mesa, lembranzas e momentos de convivencia nun ambiente festivo, co obxectivo de reforzar lazos entre a veciñanza e as súas familias.

O menú ofrecerá como primeiro prato callos e, como segundo, costela de porco asada ao estilo da avoa Adelina, acompañada de viño branco e tinto da casa, cervexa, refrescos e auga. Para rematar, servirase tarta xeada e café. Ademais, a cita incluirá música, baile e ambiente festivo, deseñado para que os asistentes poidan gozar dunha xornada completa de celebración e compañía nun dos espazos máis representativos do municipio.

O prezo será de 10 euros para as persoas empadroadas en Viveiro e de 30 euros para as non empadroadas. As invitacións poderán retirarse na conserxería do Concello desde o 26 de marzo ata o mércores 15 de abril, en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas. O Goberno de Mariña Gueimunde anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa que promove a unión e o benestar da comunidade.

0.11695313453674