Viveiro canalizará o servizo de impresión de material educativo a través dos centros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro canalizará o servizo de impresión de materiais educativos unicamente a través dos centros, co obxectivo de obter unha maior coordinación e axilidade na iniciativa.
14 Apr 2020

O Concello de Viveiro canalizará o servizo de impresión de materiais educativos unicamente a través dos centros, co obxectivo de obter unha maior coordinación e axilidade na iniciativa.

Desde o concello xa se empezaron a remitir hoxe as primeiras solicitudes recibidas aos centros educativos de referencia. O servizo vai dirixido ao alumnado de educación obrigatoria e bacherelato que teña dificultades no acceso á impresión de documentación, segundo os criterios técnicos de Servizos Sociais.

As familias interesadas en facer uso deste servicio deben remitir un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es, indicando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto, e axuntando a documentación que desexan imprimir.

“Con esta medida, pretendemos garantir que todo o alumnado do ensino obrigatorio poida continuar cos seus estudos durante o confinamento, evitando deste xeito os prexuízos causados a aquelas familias que carecen dos medios necesarios para imprimir e traballar cos contidos facilitados a través das distintas plataformas educativas”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16857290267944