O Concello de Viveiro presiona para desbloquear a variante e mellorar a circulación

AMariñaXa
O Concello busca axilizar a tramitación da infraestrutura e impulsar solucións para a falta de vivenda pública
Mariña-Gueimunde-e-Maria-Martinez-Allegue-conselleira-Vivenda-2025
30 Mar 2025

O Concello de Viveiro continúa traballando para mellorar a mobilidade na vila e dar resposta ás necesidades urbanísticas da cidadanía. A alcaldesa, Mariña Gueimunde, mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para avanzar na tramitación da variante de Viveiro, unha actuación prioritaria para o goberno municipal.

Durante o encontro, abordouse tamén a remodelación da rotonda da Misericordia, un punto estratéxico para o tráfico pesado na localidade. A mellora desta infraestrutura é fundamental para garantir unha circulación máis fluída e segura. Ademais, estudouse a posible cesión de espazos como o aparcadoiro da variante, co obxectivo de ordenar o estacionamento e optimizar o seu uso.

Outro dos temas centrais da reunión foi a escaseza de vivenda pública en Viveiro. A alcaldesa e a conselleira analizaron posibles solucións para reactivar os procesos de licitación que quedaron desertos por falta de empresas interesadas. “Precisamos vivenda pública e hai que buscar solucións, axilizar as licitacións que quedaron desertas ao non presentarse ningunha empresa”, destacou Gueimunde.

O goberno local reafirma o seu compromiso para que estas actuacións avancen con axilidade, garantindo melloras na mobilidade e na dispoñibilidade de vivenda para os veciños de Viveiro.

⚙ Configurar cookies
0.14792084693909