Viveiro aplicará este mes a devolución-compensación na taxa de recollida de lixo

AMariñaXa
O Concello de Viveiro devolverá a taxa de recollida de lixo aos negocios afectados polo peche temporal de xaneiro
casa do concello de viveiro
5 Out 2021

O Concello de Viveiro anunciou que a devolución-compensación na taxa de recollida de lixo aos negocios afectados polo peche temporal de xaneiro se aplicará na facturación do terceiro trimestre, cuxa facturación se remitirá este mes de outubro.

Entre as medidas establecidas desde o goberno municipal para contribuír a paliar as consecuencias económicas da crise derivada da Covid-19 ao sector da hostalería, inclúese a devolución-compensación da taxa de recollida de lixo e prestación patrimonial non tributaria dos servizos de abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiro, depuración de augas residuais e demais servizos.

A medida beneficia aos negocios afectados polo peche temporal entre o 27 de xaneiro e o 25 de febreiro, como consecuencia da orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas pola evolución da situación epidemiolóxica.

0.20722603797913