Viveiro aplaude o avance nunhas obras que mellorarán o saneamento da ría

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Sep 2019

Desde o Concello de Viveiro, a alcaldesa socialista, María Loureiro, atópase profundamente satisfeita despois de que, nas últimas horas, o Consello da Xunta de Galicia autorizase a licitación das obras de mellora das liñas de tratamento da depuradora de augas residuais de Viveiro.

A execución das obras é unha demanda que dende o Concello se veu reivindicando ao longos dos anos, conscientes de que se trata de un dos temas máis importantes; a alcaldesa agarda que a segunda fase desta actuación, que agora mesmo se atopa á espera do informe de Patrimonio, se tramite coa máxima celeridade co fin de que o saneamento da ría de Viveiro poida ser unha realidade á maior brevidade posible.

Loureiro agradecéulle tamén á Plataforma Pro-Celeiro o seu traballo, por convocar diversas concentracións e manifestacións e por sumarse a esta demanda co fin de solucionar a situación na que se atopa a ría de Viveiro. A rexedora considera importante que a xente saia á rúa e que, neste caso en concreto, a mobilización veciñal servira para axilizar os trámites dun expediente no que, por parte do Concello, sempre se traballou coa máxima celeridade.

Loureiro agarda tamén que a constitución desta plataforma poida servir para axilizar os trámites que permitirán a execución da segunda fase desta actuación e, por suposto, manifestar publicamente a disponibilidade do Concello para tramitar á maior brevidade posible cantos requirimentos se reciban neste sentido.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17074203491211