Viveiro anuncia novas datas para poder usar o novo colector marrón de residuos orgánicos

AMariñaXa
A tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, anima á veciñanza “a achegarse ao punto informativo para recibir todo o material necesario para o emprego do colector marrón"
contedores-marron-colector
12 Xuño 2024

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa da incorporación de novas datas ao calendario do programa 'Ti Tes a Chave', que está a percorrer o municipio para dar información sobre o uso do novo colector marrón de residuos orgánicos.

O punto informativo estará o xoves 13 de xuño na parroquia de Covas, á altura do supermercado Masymas. O día 20 de xuño estará en Verxeles, no paseo fronte a Mussiburger, e o 27 de xuño, na praza maior de Viveiro. O 4 de xullo pasará aos xardíns Noriega Varela. Ao longo dos meses de xullo e agosto, a campaña pasará de novo polas parroquias de Celeiro o 11 de xullo, Lodeiro o 18 de xullo, Covas o 22 de xullo, Verxeles o 1 de agosto, e Viveiro o 8 de agosto. En todos os casos estará dispoñible de 10.30 a 13.30 horas.

A tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, anima á veciñanza “a achegarse ao punto informativo para recibir todo o material necesario para o emprego do colector marrón, e así colaborar para crear un Viveiro máis sustentable”.

Bermúdez fai “unha valoración moi positiva do conseguido polo programa ata o momento”, con visitas a ata 73 establecementos e grandes produtores do municipio dende o 29 de abril para informarlles do servizo, 131 novas altas de veciños e veciñas, e 5 charlas impartidas nos centros educativos.

No posto infórmase á veciñanza das localizacións dos colectores e se fai entrega dun kit de reciclaxe composto por un cubo de 10 litros, bolsas compostables, un folleto no que indicamos que consideramos orgánica e que non, e a chave para abrir o colector.

0.19198393821716