Viveiro acollerá unha charla gratuíta sobre a nova factura da luz
AMariñaXa
O vindeiro xoves 23 de setembro, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar a charla gratuíta A nova factura da luz.
15 sep 2021
O vindeiro xoves 23 de setembro, ás 19:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, terá lugar a charla gratuíta A nova factura da luz.
Esta charla forma parte da campaña informativa A nova tarifa eléctrica, que está a desenvolver o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo de achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se produciron, dende o mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica.
Esta charla informativa terá aforo limitado e durante a mesma seguiranse todos os protocolos covid-19 pertinentes.