Viveiro acollerá o programa de saúde preventiva Exposalud

AMariñaXa
O 21 de maio nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro poderase desfrutar do programa Exposalud, un programa de saúde preventiva
exposalud viveiro 2022 1
18 May 2022

O 21 de maio nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro poderase desfrutar do programa Exposalud, un programa de saúde preventiva que tenta promover un estilo de vida saudable.

Será desde as 10.30 horas ata as 19.00 horas e haberá dúas conferencias, ás 12.00 horas será a de Como vencer á diabetes, e ás 17.00 horas Como evitar o cancro.

Consta de 8 casetas ou exposicións, sobre 1 tema relacionado coa saúde. En cada caseta, un equipo ofrece unha proba para valorar o estado do visitante e danse consellos de saúde sobre como aplicar á vida diaria hábitos saudables.

Este programa fundaméntase nos 8 elementos craves para a saúde, seguindo a regra mnemotécnia A.D.E. L.A. N. T.E. (Aire, Descanso, Exercicio, Luz solar, Auga, Nutrición, Temperancia (equilibrio) e Esperanza.

O resultado é avaliado por profesionais que ofrecen consello e orientación. Cada sesión da Exposalud termina cunha conferencia sobre un tema de saúde. Na Exposalud tómase a tensión arterial, pésase, mídese, calcúlase o IMC, calcúlase o % de graxa corporal, valórase a capacidade pulmonar, etc.

A primeira exposalud en Europa foi realizada en 1999 e desde entón, realizáronse máis de 900 exposicións en toda Europa. En España, a primeira Exposalud realizouse no ano 2006 en Sevilla e desde entón foise realizando regularmente en distintas cidades do país.

0.16718792915344