Viveiro acollerá o debut de pretempada do Río Breogán contra o Porto

LugoXa | AMariñaXa
O encontro disputarase o 31 de agosto no Pavillón Municipal e permitirá coñecer as novas fichaxes do único equipo galego na ACB
Viveiro-partido-pretemporada-Breogan-Porto-2025
14 Aug 2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Club Baloncesto Viveiro, prepara un evento deportivo de primeiro nivel para despedir agosto. O domingo 31, ás 12.30 horas, o Pavillón Municipal será escenario do primeiro partido de pretempada do Río Breogán, que medirá forzas co Porto, actual subcampión da Liga portuguesa.

A cita permitirá aos afeccionados descubrir o novo proxecto e as fichaxes do cadro lucense para a tempada 2025-2026, na que será o único representante galego na Liga ACB. A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, salientou que se trata “dunha oportunidade única para gozar do mellor baloncesto e para vivir un partido entre dous rivais de máxima categoría nun ambiente especial”.

As entradas teñen un prezo de 10 euros para adultos e 5 euros para rapaces e rapazas de 7 a 17 anos, mentres que os menores de 7 anos poderán acceder de balde. Os billetes estarán dispoñibles en liña nas webs do Río Breogán e do Club Baloncesto Viveiro, así como de forma presencial en Viveiro Van Surf e Vinoteca Aquitania.

⚙ Configurar cookies
0.129558801651