Viveiro acollerá en setembro unha parte do cuarto ciclo da Universidade para maiores de 50

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Aug 2019

O Concello de Viveiro acollerá en setembro o IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, que leva por título 'Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento', grazas a un acordo de colaboración entre a USC e este concello. Prolongaranse do 9 ao 25 de setembro e o Concello aporta máis datos.

O programa distribúese ao longo de cinco xornadas nas que se inclúen seminarios sobre temáticas diversas e unha saída de campo, que serán impartidas por docentes da USC; entre as materias que se abordarán neste ciclo figuran o teatro, a biodiversidade e a conservación ou a arte. As clases teóricas impartiranse nas aulas da UNED, situadas nos Claustros de San Francisco; os desprazamentos para a saída de campo realizarase en autobús. 

Todas aquelas persoas maiores de 50 anos interesadas en participar neste programa deben cubrir e presentar no rexistro municipal a ficha de inscrición que se lles facilitará na casa do concello. A matrícula é gratuíta e pode realizarse entre o 1 e o 31 de agosto; o mínimo de alumnos/as para que poidan ser impartidas as clases é de 10 e o máximo é de 28, realizándose a admisión por orde de inscripción.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17307782173157