Viveiro acollerá as probas da Universidade de Cambridge

AMariñaXa
As probas Young Learners que realiza a Universidade de Cambridge faranse na sala multiusos do Concello de Viveiro e na biblioteca
ingles idiomas cambridge
25 Xuño 2021

As probas Young Learners que realiza a Universidade de Cambridge para acreditar o nivel de coñecemento de lingua inglesa para nenos e nenas en idade escolar, faranse na sala multiusos da casa do Concello e na sala de exposicións da biblioteca municipal.

Estas serán o 29 de xuño de 2021 e están convocados 35 aspirantes de entre terceiro e sexto de primaria, para ser examinados de tres niveis diferentes: Starters, Movers e Flyers, correspondentes aos grados pre-A1, A1 e A2 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.  

A universidade británica envía para a celebración destas probas a Eva Souto, responsable de Cambridge Studies SL, e ao seu equipo de examinadores oficiais, co fin de velar por un correcto desenvolvemento das probas.

Clara Martínez, responsable da academia English Time, centro preparador oficial de Cambrigde, destaca a importancia da realización das devanditas probas en Viveiro, facilitando o acceso ás familias ás mesmas, e adianta que sería un grande avance que a vila se consolidara como lugar de referencia para a celebración de vindeiras destes exames.

0.15666699409485