Viveiro acollerá a III Xuntanza de Vehículos Clásicos o 13 de setembro

AMariñaXa
A cita reunirá coches, motos e afeccionados ao motor cun programa que combina ruta turística, música e festa
coche-clasico
3 Sep 2025

O Concello de Viveiro presentou a terceira edición da Xuntanza de Vehículos Clásicos, que se celebrará o sábado 13 de setembro no aparcamento dos Castelos, en Covas. O encontro prevé reunir arredor de 120 coches, motos e outros automóbiles históricos, convertendo a localidade nun punto de encontro para amantes do motor.

A xornada arrincará ás 10:00 horas coa recepción dos participantes e a inscrición á ruta. Ás 12:00 horas iniciarase un percorrido turístico pola zona, acompañado de pinchos e sesión vermú. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, haberá música en directo no Discobar Flora de Area, mentres que a festa continuará a partir das 22:30 horas na Conservera de Celeiro, co concerto do grupo Sr Salvaje.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 9 de setembro a través dos teléfonos 699 249 738 (Sandra) e 650 652 073 (David). O custo é de 35 euros para adultos, 20 para mozos de entre 5 e 15 anos, e gratuíto para menores de 5. A inscrición inclúe unha camiseta conmemorativa e diversos agasallos.

Dende o Concello de Viveiro anímase á veciñanza e visitantes a participar nun evento que mestura motor, música e lecer, consolidándose como unha cita destacada do calendario local.

PROGRAMACIÓN

⚙ Configurar cookies
0.16620588302612