Viveiro acolle unha xornada sobre ciberseguridade o vindeiro 26 de outubro
Viveiro acollerá unha xornada demostrativa sobre Ciberseguridade e Seguridade Industrial. O obradoiro, organizado pola oficina Acelera Pyme Rural Asime de Lugo en colaboración consultora tecnolóxica Inycom, terá lugar o 26 de outubro no coworking a partir das 15.30 horas.
Nesta xornada, abordarase como actuar ante ciberataques, empregando exemplos reais; a identificar posibles ameazas e vulnerabilidades, tanto para os sistemas como os equipos, entre outros aspectos. Contarase cunha simulado para coñecer, de primeira man, as últimas tendencias en solucións e ferramentas tecnolóxicas de ciberseguridade para protexer toda a xestión da empresa e mellorar a súa seguridade.
O evento está dirixido para PYMEs, autónomos e emprendedores, así como calquera persoa interesada na temática. Trátase dunha formación deseñada para abarcar todas as necesidades dos asistentes: desde o día a día nunha pequena e mediana empresa, ata as entornas industriais máis complexas.
Nas xornadas tamén se explorará como evitar secuestros de datos e ataques de ransomware, como mellorar os sistemas antivirus e como potenciar a seguridade dos sistemas. Os interesados en asistir deben inscribirse no correo lugo@acelerapyme.asime.es ou a través da web.