Viveiro acolle unha xornada informativa sobre servizos financeiros
AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves día 19, ás 17.
16 Xan 2023
O Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves día 19, ás 17.00 horas, unha xornada informativa sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros.
O obxectivo deste encontro, que forma parte da campaña do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, é achegar á poboación de Viveiro información e asesoramento en materia bancaria e financeira.
A Xornada levarase a cabo na sala Multiusos do Concello de Viveiro e é de acceso gratuíto, aberto a toda a veciñanza.