Viveiro acolle unha cata de IXP Terras do Navia

AMariñaXa
FRUGA e a Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a tenencia de alcaldía de Viveiro, organizan a cita
cata-Indicación-Xeográfica-Protexida-Terras-do-Navia-viveiro
5 Xul 2024

Viveiro acolle este venres unha cata de IXP Terras do Navia, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación. FRUGA e a Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a tenencia de alcaldía de Viveiro, organizan esta cata e coloquio dos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia.

O Centro Comarcal de Viveiro acolle ás 17.00 horas esta cita que contará coa presencia de adegueiros e sumillers que darán a coñecer viños co selo da IXP a hostaleiros e hostaleiras de Viveiro.  As accións promocionais continuarán cunha cata en Barreiros o 12 de xullo.

0.20834493637085