Viveiro acolle o 15 e 16 de xullo as festas do Carmen 2023
AMariñaXa
O barrio da Pescadería de Viveiro acolle o vindiero 15 e 16 de xullo as tradicionais festas do Carmen 2023.
5 Xul 2023
O barrio da Pescadería de Viveiro acolle os vindeiros 15 e 16 de xullo as tradicionais festas do Carmen 2023.
Nesta ocasión as festas comezarán o sábado 15 coa sesión vermú a cargo de Elixir que tamén animará a verbena co grupo Mussically.
Xa o domingo 16 procederase á celebración da misa en honra á Virxe do Carmen, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Epo-K. Xa pola tarde será a festa infantil con Diverneno e a verbena con Epo-K.