Viveiro acolle mañá o I Concurso de Composición de Marchas Procesionais

AMariñaXa
O mércores 13 de abril o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a presentación do "1° Concurso de Composición de Marchas Procesionais
viveiro concurso composicion marchas 2022 1
12 Apr 2022

O mércores 13 de abril de 2022 ás 20:00 horas no teatro Pastor Díaz de Viveiro a Banda de Música O Landro de Viveiro en colaboración có Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, vai facer a presentación do 1° Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2023 que leva o Nome de Blas García Liz.

"Un novo pulo á creación cultural, co que promovemos o talento dos compositores e compositoras de toda España. Aproveito estas verbas para agradecer a implicación neste proxecto da Banda de Música O Landro de Viveiro e da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro", afirmou a alcaldesa, María Loureiro.

"Gustaríame destacar por suposto que con este certame rendemos unha homenaxe a unha figura de grande importancia no noso municipio, Blas García Liz, cuxa recente perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal “O Landro”, da que era o seu presidente", manifestou.

"Este certame pretende homenaxear a súa traxectoria, intimamente ligada co percorrido da nosa banda. Blas implicouse na banda en todos os niveis, primeiro como músico e máis tarde como directivo, pero sempre loitando para que a Banda e, polo tanto, Viveiro, estivesen ao máis alto nivel musical", engadiu.

Farase tamén a entrega dun agasallo á Xunta de Cofradías con motivo da estrea da Marcha "El beso de Judas" de David Rivas, composta polo 75 aniversario da Irmandade do Predemento.

Para clausurar o acto proxectarase o documental Memorias dunha Banda. "Queremos que este Mércores Santo sexa o inicio e a continuidade dun proxecto con alma e un icono dos que un día deixaron pegada", dixeron dende a organización.

0.18754696846008