Viveiro acolle esta semana as probas da ABAU
O Concello de Viveiro acolle os días 8, 9 e 10 de xuño no IES Vilar Ponte as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), polo que o goberno local estivo realizando traballos de acondicionamento para recibir aos 266 alumnos que se presentan aos exames.
Concretamente, persoal municipal de obras estivo trasladando esta semana mesas e cadeiras dende os edificios do centro aos pavillóns de Educación onde se celebran as probas. Así mesmo, persoal de xardinería estivo acondicionado as zonas verdes da contorna.
A distribución do alumnado segundo o seu centro de orixe é do IES de Ortigueira 13, IES Dionisio Gamallo de Ribadeo 39, IES Vilar Ponte de V iveiro 40, IES María Sarmiento de Viveiro 45, IES de Foz 40, IES Monte Castelo de Burela 42, IES Marques de Sargadelos de Cervo 16, IES Perdouro de Burela 27 e do CIFP Porta da Auga de Ribadeo 4.