Viveiro acolle a III Xuntanza de Pilotos da Mariña nunha xornada de motor, música e tradición

AMariñaXa
O IES María Sarmiento celebra o 9 de maio unha festa que combina rally, exposicións, concertos e actividades para todas as idades
Viveiro--III-Xuntanza-de-Pilotos-da-Marina-2025
3 May 2025

O IES María Sarmiento de Viveiro converterase o vindeiro venres 9 de maio no epicentro da paixón polo motor coa celebración da III Xuntanza de Pilotos da Mariña, coincidindo tamén coa festividade das Letras Galegas.

O evento contará coa participación de pilotos e coches de rally, unha exposición de vehículos clásicos e todo terreo, ademais dun taller de vinilos, paseos en kart, competicións de FórmulaSim, entrevistas e zona de foodtruck para completar a oferta. Un dos momentos destacados será a presentación dos campións galegos de FórmulaSim.

A música tamén terá un papel protagonista co concerto da Asociación Musical Rock de Burela “Cova do Can”, e haberá unha presentación especial do PFPP de ensinanza de linguas a través da música. Non faltarán tampouco bailes e xogos populares para amenizar unha xornada pensada para todos os públicos.

A iniciativa conta co apoio de distintas entidades locais e busca combinar o deporte, a cultura e a lingua galega nun ambiente festivo e participativo.

⚙ Configurar cookies
0.10748600959778