Viveiro abre o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal

AMariñaXa
As solicitudes poderán presentarse do 10 ao 31 de marzo
viveiro-alcaldesa-escola-infantil-visita
1 Mar 2025

O Concello de Viveiro anuncia a apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o curso 2025-2026. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 10 e o 31 de marzo, tanto para renovar praza como para solicitar un novo ingreso.

Os formularios estarán dispoñibles na propia Escola Infantil Municipal, no Centro de Servizos Sociais e na páxina web do Concello de Viveiro. Para facilitar o proceso, a documentación poderá presentarse no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica, garantindo unha xestión áxil e accesible.

⚙ Configurar cookies
0.16690015792847