Viveiro abre a selección para cubrir prazas de monitor-socorrista
O Concello de Viveiro anuncia a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo da convocatoria dun novo prazo de presentación de solicitudes para a selección de persoal, con carácter temporal, para a cobertura provisional das prazas de monitor/a deportivo/a-socorrista da Piscina Municipal.
O obxectivo é cubrir as necesidades urxentes e imprescindibles que se produzan, sempre e cando non sexa posible a súa cobertura con persoal propio municipal.
Con esta nova convocatoria búscase actualizar a lista de emprego vixente, tendo en conta as dificultades para a cobertura temporal de prazas pola escaseza de participantes que figuran nesta lista de emprego.
O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles. As bases e o anexo correspondente están publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web municipal www.viveiro.es.