Visita do chef Song Lee e do distribuidor de peixe Marcus Lind ao IES de Foz

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
O IES de Foz recibirá hoxe, mércores, a visita dun distribuidor alemán de peixe fresco, Marcus Lind, acompañado do prestixioso chef coreano Song Lee, que fará unha demostración de elaboración de sushi con produtos da lonxa de Burela, a través de Pescados Orol.
10 Abr 2019

O IES de Foz recibirá hoxe, mércores, a visita dun distribuidor alemán de peixe fresco, Marcus Lind, acompañado do prestixioso chef coreano Song Lee, que fará unha demostración de elaboración de sushi con produtos da lonxa de Burela, a través de Pescados Orol. O inicio da actividade está previsto para as 11:00 horas.

Por medio da empresa burelesa Pescados Orol, unha misión comercial inversa dun distribuidor alemán de peixe fresco visita A Mariña para coñecer o proceso de elaboración do produto. O distribuidor Marcus Lind, especializado en produto delicatesen estará acompañado dun experto en tratamento de pescado, o chef coreano Song Lee, con experiencia en prestixiosos restaurantes de Berlín, que realizará no IES de Foz unha demostración de elaboración de sushi con produtos da lonxa de Burela. Está actividades está dirixida ao alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, ao do primeiro curso do Ciclo Medio de Cociña e a profesorado do centro focense.

Ademais alumnado do IES de Foz realizará diversas preparacións con peixe típicas de Galicia para darllas a coñecer a estes visitantes.

Á actividade contará coa asistencia de representantes de Pescados Orol.

0.12904405593872