Vilou Spring Fest traerá a Panorama

AMariñaXa
O festival celebrarase o 17 de abril no Recinto Feiral de Vilanova e contará con múltiples actuacións musicais
Vilou-spring-fest-2023
25 Mar 2025

O Vilou Spring Fest regresa con forza a Lourenzá e convértese no escenario elixido para o inicio da xira 2025 de Panorama. O evento terá lugar o xoves 17 de abril no Recinto Feiral de Vilanova, onde os asistentes poderán gozar dun espectáculo único da coñecida orquestra, ademais de actuacións doutros artistas destacados.

A xornada dará comezo ás 14:00 horas cunha animada sesión vermú a cargo de DJ Billy. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas, abriranse as portas do recinto para ofrecer unha noite chea de música e espectáculo. Ademais da Panorama, subirán ao escenario Alejandro Martínez, Marcos Peón e o propio DJ Billy, completando así un cartel pensado para todos os públicos.

Para asistir ao festival é necesario adquirir entrada, cun prezo de 13 euros en venda anticipada e 15 euros en billeteira. O Vilou Spring Fest promete ser unha cita ineludible para os amantes da música en directo e da festa en Lourenzá.

⚙ Configurar cookies
0.038700103759766