Viloalle, en Mondoñedo, prepara o programa das súas festas
AMariñaXa
A parroquia de Mondoñedo celebra as súas patronais os días 7 e 8
Foto recurso
2 sep 2024
O mes de setembro tamén estará cargado de festas na Mariña. Nestas semanas é a quenda de Viloalle, parroquia de Mondoñedo, que celebra as súas patronais os días 7 e 8. O programa comeza o sábado con misa solemne e procesión a partir das 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa e Maracuya.
Os veciños e asistentes seguirán a desfrutar da romaría o domingo 8, o último día das festas. De novo programan unha misa ás 13.00 horas e procesión. A música tampouco vai a falta, xa que tamén gozarán dunha sesión vermú e verbena co Dúo Belinda.