Villares pon en valor a calidade do peixe galego no Valadouro
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a importancia de difundir en todos os mercados da comunidade a calidade do peixe galego e as súas propiedades nutricionais que proporcionan importantes beneficios para a saúde dos consumidores. O responsable autonómico fixo estas manifestacións durante a visita á Feira Tradicional do Valadouro onde tamén recordou que, a pesar de que os produtos pesqueiros teñen un alto valor nutritivo, estase producindo un descenso no seu consumo polo que puxo en valor as campañas de promoción destes alimentos como unha ferramenta útil á hora de reverter esta tendencia.
O titular de Mar aproveitou para achegarse a unha peixería local onde criticou co Goberno central se negue a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros a diferencia de outros países europeos que si o fixeron. Nesa liña recordou que é unha demanda de todo o sector da pesca xa que supón unha desvantaxe competitiva respecto a outros que si viron reducido este imposto e sinalou, ademais, que esta medida conta có aval de organismos independentes así como das propias universidades galegas que sinalan nos seus informes o impacto positivo que tería esta redución impositiva no incremento do consumo de estes alimentos á vez que permitiría mellorar a recadación deste imposto