Villares estreouse en Cervo en calidade de conselleiro de Mar na visita á piscifactoría de Cuiña
O Concello de Cervo recibiu a visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, cos que "puidemos ver en primeira persoa o traballo que se desenvolve en Stolt See Farm, a piscifactoría situada no Polígono de Cuíña", dixo a recente alcaldesa, Dolores García Caramés.
A rexedora quixo agradecer o apoio da Xunta para "o impulso industrial do noso municipio e tamén á compañía, líder no cultivo de linguado e rodaballo, por ese plan de expansión tan positivo para o noso municipio".
Caramés quixo tender a man do Concello de Cervo á multinacional nesta nova etapa na que "a seguiremos apoiando en todo o que estea na nosa man para que esta empresa siga xerando riqueza e emprego no noso municipio e en toda a comarca, a través dunha acuicultura sostible e respectuosa co Medio"