Villares destaca a importancia do patrimonio inmaterial da costa galega

AMariñaXa
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á presentación do libro Mariña inmaterial.
presentacion do libro alfonso villares
28 Abr 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á presentación do libro Mariña inmaterial. Xeografías mítica e sagradas, do antropólogo galego Rafael Quintía no que se recolle o resultado das investigacións realizadas dentro do programa “Mariña Inmaterial”, que consiste en accións socioculturais deslocalizadas, realizadas en espazos singulares co fin de dinamizar, divulgar e actualizar o patrimonio inmaterial e inclúe ademais conferencias e presentacións das composicións artísticas.

Esta iniciativa foi realizada en espazos singulares da Mariña lucense nos concellos de Trabada, Barreiros, Cervo, Xove e Alfoz de Valadouro que, como o resto de Galicia, é unha comarca rica en lendas e seres mitolóxicos, dos máis abundantes e ricos de Europa. Este patrimonio, elemento esencial da identidade cultural galega, corre o risco de perderse a medida que desaparecen as persoas e o contexto no que naceu. Unha liña de traballo na que tamén se traballa desde a Consellería do Mar a través do Plan de Cultura Marítima de Galicia.

0.20591688156128