Vileimil, na Pontenova, celebra o San Miguel
AMariñaXa
As patronais comezan ás 21.30 horas con cea popular e unha verbena
27 sep 2024
A parroquia de Vileimil, na Pontenova, celebra esta fin de semana as festas na honra a San Miguel. As patronais comezan este venres 27 de setembro ás 21.30 horas con cea popular a base de polbo e xamón cocido. Despois será a quenda da verbena coa actuación do dúo Zafiro e do dúo Tropical. A celebración continúa o sábado ás 13.30 horas con misa solemne, sesión vermú e verbena da man do grupo Lecer e Javi Show. O domingo os asistentes poderán gozar de novo da música cunha sesión vermú protagonizada por Javi Show.