Vilaronte será o encargado de inaugurar a tempada de eventos tralo de Mondoñedo

AMariñaXa
Vilaronte será o encargado de inaugurar a tempada de verbenas trala piloto de Mondoñedo deste sábado 19 de xuño.
festas vilaronte foz 2021 2
19 Jun 2021

San Xoán de Vilaronte será o encargado de inaugurar a tempada de eventos culturais trala proba piloto de Mondoñedo. A comisión de festas presentou o cartel oficial para os días 26 e 27 de xuño.

Así, o sábado 26 haberá misa ás 13.30 horas e actuación da Banda Municipal de Foz, xa ás 20.00 horas será o pregón de José Teijeira Trelles, Pepucho, e unha hora máis tarde La Oca Band fará unha actuación que representará a historia da verbena e contará con Eva Iglesias de Land Rober Tunai Show.

O domingo 27 haberá misa solemne ás 12.00 horas e a continuación a actuación do Dúo Zafiro.

A organización lembra que as horas que aparecen no cartel son orientativas, xa que poderán sufrir modificacións según se vaian actualizando as medidas sanitarias dictadas por parte da Xunta. Ademais que para o concerto do sábado 26 de noite as entradas xa están esgotadas.

Para asistir ao resto da programación haberá que reservar anticipadamente o seu sitio a través dun Whatsapp ao número 622 626 259.

festas vilaronte foz 2021

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14929485321045